martes, 8 de mayo de 2018

Coidando o Medio Ambiente

Despois do éxito acadado coa saída anterior, estamos elaborando unha actividade para concienciar aos nenos e nenas co coidado do medio ambiente.

Como sempre facemos no noso blog, comezamos a actividade con xogos online para comezar a practicar:
A RECOLLER!!!
PEQUETIC
EL BOSQUE DE LAS ACTIVIDADES
MI AMIGA LA TIERRA

Organizaremos ao alumnado en varios grupos con idades diversas e cada grupo irá cun mestre ou mestra a unha parte do patio a recoller a basura e clasificala correctamente.
Desta forma pretendemos dar a coñecer en que contedor vai cada tipo de basura, amosarémoslles a importancia de coidar o medio ambiente e tirar o lixo no lugar correcto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario