lunes, 14 de mayo de 2018

Actividades para o verán

Para que neste verán poidades seguir disfrutando de actividades e repasar os contidos dados durante o curso aquí vos deixamos uns enlaces moi interesantes para que fagades en familia.

Bo verán!!!!!!

Actividades por idades


Actividade de roupa

Achégase o día das Letras Galegas

Achégase o día das letras galegas e para que podades ir practicando propoñémosvos unha serie de actividades coas que podedes aprender xogando:
AS VOGAIS
O CARACOL SERAFÍN (Selecciona o idioma que desexes)
A VACA CONNIE

O noso Centro está organizando unha saída a Santiago xunto con outros colexios da zona para o día 16 de maio. Unha vez alí achegarémonos á Praza do Obradoiro onde haberá unha serie de actividades relacionadas coa nosa lingua.
Ao final do día asistiremos a un acto sobre María Victoria Moreno Márquez, escritora á que se lle dedica o día das Letras Galegas este ano.

Por si vos interesa coñecer máis de preto os seus escritos deixámosvos colgados algúns libros interesantes que poderedes lerlles aos cativos.
                   

martes, 8 de mayo de 2018

A AMPA está organizando a excursión de fin de curso ao Acuapark de Cerceda o día 2 de xullo. A esta actividade pode apuntarse calquera persoa e todos os menores deberán ir acompañados por un adulto. Unha vez alí cada un poderá facer o que queira xa que é unha excursión máis familiar.
O último día para apuntarse é o 20 de xuño e dependendo da xente que se anote o prezo variará.
O bus sae as 7:00h e voltaremos ás 20:00h.


Coidando o Medio Ambiente

Despois do éxito acadado coa saída anterior, estamos elaborando unha actividade para concienciar aos nenos e nenas co coidado do medio ambiente.

Como sempre facemos no noso blog, comezamos a actividade con xogos online para comezar a practicar:
A RECOLLER!!!
PEQUETIC
EL BOSQUE DE LAS ACTIVIDADES
MI AMIGA LA TIERRA

Organizaremos ao alumnado en varios grupos con idades diversas e cada grupo irá cun mestre ou mestra a unha parte do patio a recoller a basura e clasificala correctamente.
Desta forma pretendemos dar a coñecer en que contedor vai cada tipo de basura, amosarémoslles a importancia de coidar o medio ambiente e tirar o lixo no lugar correcto.


Visita guiada á Catedral de San Martín

O equipo directivo estamos preparando unha saída de fin de curso na que poderá participar todos os alumnos e alumnas. Esta saída será o día 20 de xuño (despois de que o alumnado de primaria remate os exames) e consistirá en pasar un día en Ourense.

ANÍMATE A COÑECER O MUNDO CONNOSCO!! Para iso presentámosvos algunhas actividades:
Descarga aquí o xogo divertido sobre medios de transporte.
MEDIOS DE TRANSPORTE

Pola mañá realizaremos unha visita guiada á Catedral de San Martín, pola tarde faremos algo máis divertido pero educativo tamén, iremos as Termas de Outariz onde o especialista na Cultura Romana Carlos Villasenín Gómez nos explicará un pouco a historia deste lugar.

NOTA IMPORTANTE: o prezo será de 10 euros (2,5 bus e 7,5 comida), deberán levar roupa cómoda, rapatos de velcro e roupa de baño.

Aproveitando esta saida insertamos unhas actividades para que os nenos coñezan a xeografía galega e podan ver onte se realizará esta visita.
Pincha aquí para comezar