lunes, 14 de mayo de 2018

Achégase o día das Letras Galegas

Achégase o día das letras galegas e para que podades ir practicando propoñémosvos unha serie de actividades coas que podedes aprender xogando:
AS VOGAIS
O CARACOL SERAFÍN (Selecciona o idioma que desexes)
A VACA CONNIE

O noso Centro está organizando unha saída a Santiago xunto con outros colexios da zona para o día 16 de maio. Unha vez alí achegarémonos á Praza do Obradoiro onde haberá unha serie de actividades relacionadas coa nosa lingua.
Ao final do día asistiremos a un acto sobre María Victoria Moreno Márquez, escritora á que se lle dedica o día das Letras Galegas este ano.

Por si vos interesa coñecer máis de preto os seus escritos deixámosvos colgados algúns libros interesantes que poderedes lerlles aos cativos.
                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario